Pilar
G. Rego

Son locutora, comunicadora e xornalista da TVG desde 1989 e, antes, na Cadea SER.

Presentei, guionicei e/ou dirixín programas diversos nesta canle. Desde hai anos o meu traballo xornalístico centrouse en distintos espazos ligados á cultura galega: Alalá, No bico un cantar ou Zigzag, onde cnoduzo a edición diaria desde hai máis dunha década.

Na escrita traballei en guións de ficción en proxectos propios ou en series como Avenida de América, Rías Baixas, Libro de Familia ou O faro, na que tamén exercín de editora de guións.

Levo publicados catro poemarios individiuais:
- Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros, Xerais, 2019.
- Humanario, Ed. Galaxia, 2021.
- War is over, Ed. Medulia, 2024
- desaparecer Ed. Galaxia, 2024

Os meus poemas aparecen en obras colectivas como Manifesto 25-N. 30 voces pola eliminación da violencia contra a muller, editado por Alvarellos, ou Así fala Penélope, en edición de Marta Dacosta, con Chan da Pólvora Editora, ou no número 229 da revista Grial. Ademais, son autora do prólogo de As que dormen entre o centeo, primeiro libro de partituras de gaiteiras galegas da Asociación de Gaiteiros Galegos.

[Xaneiro, 2025]