
Pere Tobaruela é catalán de nacemento e galego de adopción, xa que leva desde finais de 2005 asentado en Galicia. Estamos diante dun escritor políglota que deu os seus primeiros pasos literarios en catalán, intercalando a escrita dalgunha novela en castelán, para despois desenvolver unha extensa obra en galego. Con máis de setenta títulos publicados, maioritariamente escritos na nosa lingua, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto, novela... Dentro da súa produción novelística atopamos, as máis delas, obras infantís e xuvenís, pero tamén hai algunha para o público adulto.
[Marzo, 2026]
