Noelia
Gómez

Noelia Gómez (Rianxo, 1995) é poeta e xornalista. Conta cun mestrado en Estudos Comparativos de Literatura, Arte e Pensamento pola Universitat Pompeu Fabra de Barcelona; e cun mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas (Universidade de Santiago de Compostela), especializándose en Lingua e Literatura Galega. Forma parte do Padroado e da Comisión Executiva da Fundación Castelao. En 2015 gañou o Torneo de Poesía Recitada Ferve a Lingua (Concello de Rianxo). Participou nas antoloxías poéticas No seu despregar (Apiario, 2016) Poesía galega novísima (Urutau, 2020) e Así fala Penélope (Chan da Pólvora, 2022). Tamén publicou en libros colectivos como 7 Relatos curtos contra a violencia de xénero (2015), Cultura que Une. Ribeira Sacra-Douro (2018); e en revistas como Madrygal ou Dorna. O seu primeiro poemario, O xiro (Xerais, 2018), obtivo o V Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Algúns poemas deste libro foron traducidos ao alemán, ao alemán suízo e ao italiano por Galemán Poesie. Na actualidade compaxina a súa actividade como xornalista coa creación poética. Xunto ao músico Rui Grenha, integran o proxecto poético-musical Xirando. Desenfoque (Apiario, 2024), o segundo poemario da autora, viu a luz no outono de 2024.

[Decembro, 2024[