Montse Ferreira Fervenza nace en Quintela, Redondela.
É Enfermeira no Servizo Galego de Saúde e reside en Vigo.
A súa outra gran paixón é a interpretación, fórmase e traballa como actriz durante uns anos, ademais de escribir e dirixir varias obras de teatro.
No libro colectivo Tecido de voces (Toxosoutos) colabora con dous relatos.
A súa primeira novela, O ano das mazás (Xerais), foi finalista do premio de novela Xerais 2020 e no premio de narrativa San Clemente no 2024.
[Marzo de 2025]