Moncho
Iglesias

Moncho Iglesias Míguez é vigués de Ourense (de Boborás). Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Vigo, onde realiza o doutoramento en Filoloxía Galega, cunha tese que compara os contos de tradición oral palestinos e galegos; tras varios anos en Palestina, na actualidade reside en China, onde dá aulas de castelán.

Colaborador en revistas como Tempos Novos, Dorna e o xornal Praza; como poeta publicou Cheira (Urutau, 2020), Tren (Urutau, 2018) Abuelita/Avoíña (Parnass, 2013), pedras de Plastilina (Toxosoutos, 2012), Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos (Positivas, 2007) e 3'141516, editada en México (Indoamericano, 2001). Como narrador, gañou o premio Concello de Mugardos do ano 2005, e amais de ter colaborado en diferentes publicacións colectivas, como Relatos libertarios (Ateneo Libertario, 2006), publicou as novelas Tres cores: azul (Estaleiro, 2009) e Don Pepe (Do Peirao, 2018). No eido da tradución, destaca a tradución do hebreo ao galego da obra de Etgar Keret: O condutor de autobús que quería ser Deus (Rinoceronte, 2006) e Saudades de Kissinger (Rinoceronte, 2011), a escolma de poemas Carné de identidade, de Mahmud Darwix (Barbantesa, 2012) e a novela de Randa Jarrar Un mapa do lar (Hugin e Munin, 2016)..

[Maio, 2022]