Miriam
Couceiro Castro

(Ordes, 1985). Escritora, socióloga e doutora pola Universidade da Coruña, comezou a súa traxectoria literaria como autora de ensaio, influída polas historias de vida, os métodos de investigación social cualitativos e o feminismo.

Na actualidade centra a sua obra en proxectos vinculados co relato e a novela, con forte influencia do feminismo radical, da mística do cotián e do xeito en que as mulleres articulan a vida.

Coruñesa de adopción, busca escenarios literarios en lugares como os taxis, as paradas de bus, os trens, os avións e, sobre todo, os tanatorios e camposantos.

[Xaneiro, 2025]