Marta Villar (Malpica de Bergantiños, 1973), xornalista. Premio Tiflos de Xornalismo e finalista no XLI Premio de Xornalismo Julio Camba Afundación en 2020. Finalista tamén nos certames de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal nas edicións de 2021 e 2022, así como no Premio de Poesía Gloria Fuertes do Concello de La Rinconada (Sevilla) de 2021. Non temerás os coches amarelos (Xerais, 2023) foi a miña primeira novela e Os peidos máxicos de Sultán (Xerais, maio de 2024) o primeiro libro de literatura infantil. Premio Xerais de Novela 2024 por Detective Ferruchi.
Coordinación do club de lectura da biblioteca municipal de Carballo (Rego da Balsa), tempada xaneiro-maio 2024.
Integrante da mesa de redacción da revista da Asociación Cultural e Deportiva Mallas da Area de Malpica.
[Xuño, 2024]