Naceu en Melide, nunha fermosa aldea chamada Cabanelas. Alí estivo cos seus pais e co seu irmán pequeno ara que foi á Universidade, onde estudou Maxisterio e Filosofía. Viviu na Coruña, Muxía e A Pobra do Caramiñal. Instalouse no concello de Ribeira hai máis de vinte anos, onde exerce como mestra no CEIP de Olveira, moi preto do mar de Corrubedo. Dende moi pequena tivo paixón pola literatura. Na casa había poucos libros, pero moitas ganas de ler, así que agradeceu ter a porta aberta a eses lugares marabillosos chamados bibliotecas, onde podes ler o que che pode, róuballe tempo ao sono para escribir versos e historias.
Colabora habitualmente coa Asociación Cultural Barbantia e ten contos publicados no suplemento A Voz de Barbantia de La Voz de Galicia e no blog Café Barbandia. Un relato seu, titulado "Naia", foi premiado no VIII concurso de contos Liceo de Noia. O poema "Sempre é noite en Bagdad" foi tamén premiado no VII Certame Literario do Concello de Ames, e "A Cova Da Loba" no XVIII Certame Literario do Concello de Ames.
O caderno de Rosalía é a súa primeira obra, e está publicada en Editorial Galaxia.
[Novembro, 2023]