María Luz
Chorén

María Luz Chorén Belay naceu en Asorei, Vila de Cruces, no ano 1969.

Estodou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela e máis tarde licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación pola UNED.

Desde 2009 reside en Vila de Cruces, onde exerce como mestra no CEIP Nosa Señora da Piedade.

Aínda que sempre mostrou entusiasmo pola literatura e, en especial, pola poesía, Xoias con encanto é o seu primeiro libro de poemas.

A súa faceta como mestra fomenta tamén outra das súas paixóns, como é a creación de contos infantís.

[Setembro, 2021]