BREVE NOTICIA BIO-BIBLIOGRÁFIA DE MANUEL CABADA CASTRO
Nacín o 21 de outono 1935 en Sabucedo-A Estrada, a coñecida e fermosa aldea pontevedresa da "Rapa das bestas". Despois de aprender aquí as primeiras letras cun modélico mestre, Francisco Regueiro Moreira, fun con morriña ó colexio xesuítico da Guarda e despois ó de Carrión de los Condes (Palencia). En Salamanca inicieime no estudo dos clásicos. Posteriormente, os estudos universitarios leváronrne por Cantabria, onde me licenciei en Filosofia na Universidade Pontificia de Comillas, para marchar máis tarde a Innsbruck (Austria), onde na Facultade de Teoloxía da Universidade desta cidade tirolesa obtiven tamén o título de licenciado en Teoloxía. Faría posteriormente na Universidade de Múnic o doutorado en Filosofia cunha tese sobre o filósofo e pedagogo Gustav Siewerth (Sein und Gott bei Gustav Siewerth, traducida logo ó francés), dirixida polo gran teólogo Karl Rahner, que daquela impartía docencia na Facultade de Filosofia da capital bávara e fora tamén xa antes profesor meu en Innsbruck. De volta a casa, acadaría aínda o doutorado en Filosofia pola Universidade Complutense. A actividade docente na Facultade de Filosofia da Universidade Comillas de Madrid comezou no curso 1969/70, simultaneándoa logo, desde o curso 1978/79, coa docencia de Antropoloxía na Facultade de Filosofia da Universidade Complutense. Durante trinta e cinco anos fun Secretario de Redacción da revista filosófica Pensamiento.
As miñas preocupacións fundamentais durante este tempo foron filosóficas, antropolóxicas e galegas. No contexto destas últimas aludo a algúns escritos publicados en forma de libro: A Rapa das bestas de Sabucedo. Historia e antropoloxía dunha tradición (Vigo, Ir Indo, 1992). Xosé Manuel Cabada Vázquez. Obra Completa. Poemas e outros escritos. Edición, introdución e notas de Manuel Cabada Castro (A Estrada, Fundación Cultural da Estrada, 2001). Paixón poética e militancia galeguista. Estudio biográfico sobre Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936) (Sada - A Coruña, Ed. do Castro, 2001). O Padre Seixas desde dentro. Unha aposta progresista, galeguista e universalista. Vigo, SEPT / Galaxia (Produción e Distribución), 2013. A menciña da palabra. Datos antropolóxicos. En: Femández Castro, Xoán Andrés (Coord.), Manuel Reimóndez Portela na lembranza (Sada-A Coruña. Ed. do Castro, 1996) 36-42. Terra de Montes e o simbolismo dos montes. En: Forcarei, historia fotográfica do século XX. Coord. Francisco Rozados "Rochi" (Pontevedra, Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Pontevedra, 2005) 97-105. Piroloxía reflexiva de urxencia. En: A procura da nosa identidade. Terra de Montes. Coord. José Raposeiras Correa (Pontevedra, Deputación de Pontevedra, 2007) 221-227. A rapa das bestas de Sabucedo. En: Tempos de Festa en Galicia. Tomo II: Entre o Corpus e o mes de agosto (Santiago de Compostela, Fundación Caixa Galicia, 2008) 123-135. Crónica de un encuentro-desencuentro cultural. Análisis antropológico de las misiones populares jesuíticas en Galicia (Madrid, Publicaciones de la Universidad Pontificia Comillas, 2015). Galicia. Raíces e compromiso (Vigo, Ir Indo Edicións, 2015).
Velaquí tamén algunhas distincións ou homenaxes: Insignia do "Salmón de Ouro" e Pregoeiro da XIX "Festa do Salmón" (A Estrada-Pontevedra, 17 de maio de 1992). Premio "San Martiño" para a "Normalización Lingüística e Cultural" (A Estrada-Pontevedra, 25 novembro de 1995). Ser querido y querer. Ensayos en homenaje a Manuel Cabada Castro (Salamanca, Edit. San Esteban, 2007).
[Febreiro, 2016]