Manoel
da Costa

Autobiografía

Nacín no ano de 1947 na cidade de A Coruña. Fundamentalmente porque daquela a miña nai vivía alí e non era cousa de facelo noutro lugar. Pero eu, de verdade de verdade, sonlle de Bouzas. Ou polo menos o fun ata que a morte do meu pai obrigounos a vivir miserablemente no desterro dos Choróns, fronte ao Campo das Caralladas.

Consciente da imposibilidade de estudar fóra de Vigo ingresei na EUETI, na que rematei a carreira de Perito Industrial na especialidade de Electricidade meses antes de cumprir os vinte anos. O último ano montamos un grupo de teatro universitario e estivemos a piques de estrear “Escuadra hacia la muerte” de Alfonso Sastre no García Barbón.

Rematada a carreira e sen posibilidades de facer as milicias universitarias pola miña actividade política, comecei a traballar como creativo nunha axencia de publicidade, vendendo, locutando e debuxando anuncios para os medios... incluído o cartel e programa das Festas de Bouzas.

De volta do servizo militar entrei a traballar no Departamento Naval dunha empresa eléctrica catalá, na que fun ocupando diversos postos de responsabilidade ao longo de 42 anos de traballo. No ano 1990, ao amparo da Lei de Reforma Universitaria, LRU, incorporeime ao Departamento de Enxeñería Eléctrica da Universidade de Vigo, onde permanecín ata a miña xubilación. Esta actividade docente deu coma un dos seus froitos a edición de varios libros da especialidade. Un deles, Cabos Illados para o transporte e distribución de enerxía, editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, foi o primeiro libro de Enxeñería Eléctrica editado en galego, e o último, "Centros de transformación. Anatomía e fisioloxía", de case que 1300 páxinas e editado por Andavira, está a ter un bo percorrido entre os profesionais do sector.

O paso á situación de xubilación permitiume retomar a práctica das actividades que o exercicio da profesión me impedira, sinaladamente a das artes plásticas, o cine e a escrita, que polo momento ten dado ao prelo dos libros: "Mirequelledigo. Crónicas dun filósofo tabernario 1", "A taberna do Mincha. Crónicas dun filósofo tabernario 2" e “Escoite e verá!”, a terceira entrega que pecha estas Crónicas. A piques de saír do prelo están unha novela dunhas 800 páxinas e unha obra de teatro escrita en colaboración.

Bibliografía

Obra individual

  1. 1998. Centros de transformación: criterios de diseño. Ediciones de autor técnico. Rústica; 332 páxinas. Castelán.

  2. 2004. Compensación de la energía reactiva (y su relación con la ley de Murphy). Multinormas Ediciones. Rústica. Color. 110 páxinas. Castelán

  3. 2005. Cabos illados para o transporte e distribución de enerxía eléctrica (1ª Edición) Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. Rústica con lapelas. Color. 480 p. 24 cm. Galego.

  4. 2007 Cabos illados para o transporte e distribución de enerxía eléctrica´(2ª Edición) Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. Rústica con lapelas. 528 p; 24 cm. Galego

  5. 2014. Centros de Transformación: anatomía y fisiología. Andavira. Rústica; 1300 páxinas. Castelán.

  6. 2017. Mirequelledigo. Crónicas dun filósofo tabernario 1. Meubook. Rústica con lapelas e 30 ilustracións do autor; 234 páxinas

  7. 2020. A taberna do Mincha. Crónicas dun filósofo tabernario 2. Meubook. Rústica con lapelas e 39 ilustracións do autor; 240 páxinas.

  8. 2023. Escoite e verá!. Crónicas dun filósofo tabernario 3. Meubook. Rústica con lapelas e 63 ilustracións do autor; 316 páxinas

Obra colectiva

  1. 2018. Contos estraños. Volume 12. Contos estraños editora. Rústica con lapelas; 178 páxinas. Ilustración.

  2. 2019. Contos estraños. Volume 13. Contos estraños editora. Rústica con lapelas; 202 páxinas. Relato en tres partes e ilustración.

  3. 2023. A forza e a firmeza do traballo e a cultura. Edición de CCOO de Galicia. Relato.

  4. 2024. Reflexiones críticas en torno a la transición energética. Nuestra Bandera. Rústica; 171 páxinas. Artigo de enxeñería enerxética.

Premios

O autor ten por norma non presentarse a concursos.

Web / Blog

Mirequelledigo. Un proxecto literario a xeito de monólogos entre un vello mariñeiro de altura, de verbo fácil esporeado con viño treixadura nas tabernas portuarias de Bouzas, e Don Manoel, fillo do que foi Director do Banco Hispano da mesma vila, e que, despois dun longo exilio, volve á terra para atopar as súas raiceiras. Estas conversas en forma de libros profusamente ilustrados foron editados por Meubook. https://mirequelledigo.blogspot.com/

Escoite e verá! Un blogue de intereses varios que abranguen a antropoloxía, arqueoloxía, arquitectura, economía, ética, política, paleontoloxía, ata a música, tratados todos eles sen o máis mínimo rigor científico. http://escoite.blogspot.com/

O Fogar de Tesla. Recuncho dalgunhas sabedorías das instalacións eléctricas. https://ofogardetesla.blogspot.com/

O fiadeiro. Etnografía e cultura material. https://blogofiadeiro.blogspot.com/

Videoteca

Nuestra Bandera en Libraría Cartabón: https://www.youtube.com/watch?v=Kmd1k6_ekq8&t=351s

Un limiar que non é tal. Presentación de Miguel Alonso Diz do “Escoite e verá!” na EMAO de Vigo:

https://www.youtube.com/watch?v=45mkHuKUCrc

Presentación de “Escoite e verá!” no Faiado da Memoria en Vilagarcía

https://www.youtube.com/watch?v=Unp_BqRJ3bE

https://www.youtube.com/watch?v=87lVFvaUTAQ&t=152s

https://www.youtube.com/watch?v=gA5Ac_JsD1E&pp=0gcJCbIJAYcqIYzv

https://www.youtube.com/watch?v=LQse7Hq5twk

Materiais didácticos

Despois de 22 anos como profesor asociado do Departamento de Enxeñería Eléctrica da Universidade de Vigo, os materiais didácticos das materias de Instalacións eléctricas, Instalacións especiais, Electricidade básica, Instalacións eléctricas en Minas, etc. impartidas ao longo deste tempo, sempre en galego, forman un corpus extensísimo, imposible de recoller nesta páxina.

Nestes últimos anos impartín ademais múltiples conferencias arredor da tarificación da enerxía, o SEP, os campos electromagnéticos, etc. Ademais dun Curso de oratoria e un, “Oratoria e filosofía tabernaria”, para o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Outros documentos

Artigos en MO

O Grupo de Traballo de Enerxía e Medio Ambiente do PCE vén publicando unha serie de artigos da miña autoría arredor do Sistema Eléctrico Interconectado accesibles dende este enlace:

https://mundoobrero.es/autor/grupo-de-trabajo-de-energia-del-pce/

Artigos noutras revistas

Ao longo destes anos son moitísimos os artigos escritos nas revistas do sector, pero considero que carecen de interese por estar escritos es castelán e non ser accesibles por internet.

Outras actividades

Cine

Pasionaria. Homenaxe no seu 90 aniversario: https://www.youtube.com/watch?v=Lnyk6KQG4nY&t=7s

Tempos de grises. https://www.youtube.com/watch?v=lKpqwaOeEBc

Vigoshima mon amour: https://www.youtube.com/watch?v=5LB1u-HtoAo

[Agosto de 2025]