Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid (1976-1981).
Profesional multimedia, pioneiro da Televisión de Galicia, na que traballou desde o seu comezos en 1985 ata 2020, especializándose en documentais de viaxes de tipo sociais, culturais, etnográficos e relacionados coa diáspora galega, o Camiño de Santiago, a Unión Europea, os as series dos países Celtas (“Terras de Merlín”) ou da Lusofonía (“Terras de Acolá”), na TVG. Previamente, traballara en La Región, El Ideal Gallego e a Cadena Ser (Radio Galicia), e colabou en numerosos medios escritos e audiovisuais (RNE, El Pais, Europa Press, Luzes, La Voz de Galicia, El Correo Gallego). Viaxeiro vocacional visitou –profesionalmente- 96 países do mundo.
Director e guionista da longametraxe documental titulada “Exeria, a primeira peregrina” e gravada en seis países Trátase da epopea dunha singular peregrinaxe: á dunha muller do século IV, desde os confíns da Gallaecia ata Terra Santa. TVE mercou os dereitos de imaxe no ano 2023.
Presidente da Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela (APSC) e membro do comité directivo da Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE), delegado para as Relacións Internacionais e representante español na EFJ (Federación Europea de Xornalistas) e na IFJ (Federación Internacional de Xornalistas). Pertence a directiva da FICS (Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago).
Ten estudos de Línguas (Inglés (C1.2), Francés (C1.2), Portugués, Castelán e Galego. Técnico de Comercio Exterior pola Escuela de Empresa de Madrid (2011).
Libros publicados: Toda a Terra é dos Homes (1993), Vida e viaxes na Galeguidade (1997), Galleira Passport. Crónica viaxeiras do século XXI (2014).
Premios: Galicia de Xornalismo pola serie de Televisión de Galicia, "Galicia no Mundo" (1986-1991). Premio Nacional Ministerio de Turismo, sobre o Camiño de Santiago (1982) serie de reportaxes publicadas no xornal "La Región” de Ourense. Polos seus traballos coa Galicia exterior recibiu galardóns do Consello da Cultura Galega e o “Aurelio Carracedo” da Deputación de Ourense.
[Marzo de 2024[