Nado en Sarria, o Día de Rosalía de 1977. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, graduado en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo (UVigo).
Como poeta cómpre salientar, entre outras, Presal (Xerais e UVigo, 2019) e Salífero (Urutau, 2020), ademais da peza efémera multidisciplinar Salífero opus #, baseada neste último poemario e creada en colaboración co fotógrafo e artista visual Rafael Mallo. Dentro das obras poéticas colectivas, Lupercais (Unha antoloxía posible) (Chan da pólvora, 2023) é a súa última e recente colaboración.
Participa en revistas como a Revista dos tr3sreinos, O pazo das musas, Xistral ou Grial e intervencións e actividades poéticas como a residencia itinerante internacional «Ámeto mítico» que organiza a Fundación Uxío Novoneyra ou a residencia internacional «Rosalía en camiño» que organiza a Fundación Rosalía de Castro. Algún dos recoñecementos á súa obra poética foron:
Ademais, está interesado na relación entre a(s) linguaxe(s) e a arte, especialmente, a poesía, disciplina á que tamén se dedica como investigador (v.g. «Nomes e homes nun feixe de beleza» en Figuras masculinas de meio-corpo [Chan da pólvora, 2020]).
É profesor en formación do departamento de Tradución e Lingüística Xeral da Universidade de Vigo e membro do grupo de investigación GRADES (Gramática, Discurso e Sociedade); o seu traballo céntrase na sociolingüística crítica e na teoría literaria.
No ámbito audiovisual, foi o creador e guionista das dúas tempadas da serie televisiva de animación Cocorico, baseada no libro infantil homónimo de Marisa Núñez e Helga Bansch e co-producida por OQO Filmes e mais a RTVG.
[Xuño, 2023]