Juan
Fariña

Nacín e vivo (dende sempre) en Bergondo, un 12 de abril de 1973.

Traballei toda a vida no sector privado ata que, en 2017, pasei á administración pública como concelleiro integrante do goberno local do meu municipio.

A miña vocación como escritor -ou máis ben a posta en práctica da mesma- resulta bastante serodia, xa que non publiquei nada ata 2020.

As miñas obras, ata o de agora, son:
- As cartas de Abel, Toxosoutos, 2020.
- O que foi, Medulia, 2022.
- Agosto dezaseis, Medulia, 2026.

[Xuño, 2026]