Vigo, 1993.
É graduado en lingua e literatura inglesas pola USC, onde traballa actualmente como técnico de apoio á investigación. Polo medio tamén estudou un ciclo medio de impresión gráfica para coñecer máis en profundidade os libros despois de desenvolver o como editor e maquetador o proxecto editorial Micromundos (2017-Actualidade) de plaquettes de poesía.
No eido literario, gañou no 2017 o segundo premio no III Certame Literario Mazarelos, co micropoemario “O sentido común”, e tamén o segundo premio no I Maratón Literario de Poesía de Autor de la Biblioteca Pública Municipal Roberto Blanco Torres (Cuntis) co poema “esnafrei”. No 2021 o seu poema “Anatomía dun home-peixe” gaña segundo premio no I Certame de Poemas do Orgullo, e é posteriormente nominado no Certame aRitmar 2022 como mellor poema en lingua galega.
Ten aparecido en publicación periódicas como a revista Dorna (“Tetraloxía da procura afectiva”, Dorna 40, 2017) ou fanzine Aña (“Geimhreadh [ou o cambio de hora]”, en Aña 0, 2018.) e tamén en obras colectivas como antoloxía De pedra a azulexo: obras premiadas no I, II, III, IV e V Concurso Literario Mazarelos da Facultade de Filoloxía da USC (Servizo de Publicacions da USC, 2020), ou Poesía galega novísima (Urutau), tamén no 2020.
Publica individualmente o micropoemario Manual de estilo (Leite Edicións), 2019 en formato de folla voadora e tamén o poemario COSMO(a)GONÍA (Edicións e Producións Fetiche), 2021.
Como tradutor trouxo ao galego a poetas irlandesas como Eiléan Ní Chilleanáin e Nuala Ní Dhomhnaill ao tamén levou ao inglés a Emma Pedreira coa serie de poemas Six Irish Poems (and Nothing to Declare) [tradución ao inglés de Seis poemas irlandeses (e nada que declarar)], New York Poetry Review, 2021 e co libro After Dark [tradución ao inglés d’As posturas do día], Nueva York Poetry Press, 2023.
Dende 2023 forma parte do Consello de Redacción da revista Dorna. Expresión poética galega.
Publicacións
- After Dark [tradución ao inglés d’As posturas do día, de Emma Pedreira], Nueva York Poetry Press, verán 2022.
- “Unha sombra no seu caderno” [tradución de “A Shadow in Her Notebook”, Eiléan Ní Chuilleanáin], ABEI Journal – The Brazilian Journal of Irish Studies, Special Issue, Wolkoff Gisele & Manuela Palacios Eds., verán 2022.
- COSMO(a)GONÍA (Edicións e Producións Fetiche), 2021.
- Six Irish Poems (and Nothing to Declare) [tradución ao inglés de Seis poemas irlandeses (e nada que declarar), de Emma Pedreira], New York Poetry Review, 2021.
- As sereas enxoitas / Las sirenas encalladas [traducións ao galego e castelán do conxunto The Assimilated Merfolk, de Nuala Ní Dhomhnaill] na antoloxía The Multilingual Mermaid (The Gallery Press), 2021.
- “Pararraios”, “Cores de alivio”, “Geimhreadh [ou o cambio de hora]”, en Poesía galega novísima (Urutau), 2020.
- “O sentido común”, na antoloxía De pedra a azulexo : obras premiadas no I, II, III, IV e V Concurso Literario Mazarelos da Facultade de Filoloxía da USC, Servizo de Publicacions da USC, 2020.
- Micropoemario Manual de estilo (Leite Edicións), 2019.
- “Geimhreadh [ou o cambio de hora]”, en Aña 0, 2018.
- “Tetraloxía da procura afectiva”, Dorna 40, 2017.
[Setembro, 2024]