J. L.
Graña Muíño

Cerdido (A Coruña), 1955.

Profesional do ensino, amósase especialmente activo co alumnado no desenvolvemento de actividades relacionadas co ámbito escénico: contacontos, recitais poéticos, monólogos, representacións teatrais...

Ten publicado Cerdido: lingua e outras realidades, monográfico sobre o seu concello natal; a novela Converxencia na cor vermella, centrada nos efectos socio-económicos da chamada reconversión naval nas décadas dos 80 e dos 90 do século XX na zona de Ferrolterra; a obra de teatro Itinerario do botellón, invitación á reflexión, enfeitada de humor, sobre este grave problema social; A vida é dura antes dos 18, conxunto de relatos breves reveladores do mundo interior dos adolescentes; Verso plural, poemario variado en temáticas e estilos, axeitado para unha lectura en familia, e Recortes de risa, conxunto de pezas dramáticas moi breves de carácter cómico.

É autor, tamén, da adaptación teatral de Mar adiante, obra narrativa homónima de María Victoria Moreno.

[Marzo, 2020]