Iria
Bragado

Iria Bragado (Iria Bragado de Jesús), naceu en Vigo, concretamente na parroquia de Valadares o 3 de xaneiro de 1985. Traballou de camareira, chacineira, monitora, dependenta, teleoperadora e operaria de fábrica. Comezou estudos de dereito e dramaturxia pero abandonou ambos. Actualmente cursa pedagoxía pola Uned. No ano 2010 comeza a participar en recitais de poesía e continúa facéndoo hoxe en día. Participou no Libro 18, con 17 poetas máis, participantes asiduas e asiduos ao Círculo Poético Aberto. Versos Violentos é o nome do seu primeiro libro de poesía, no que tamén participa achegando diversas ilustracións.

[Xaneiro de 2024]