Inma Vilariño Vázquez (Moimenta, Lalín, 1975)
Xornalista e escritora. Nacín arrolada por un berce de caseiros (por parte de nai) e de docentes (familia paterna). Levo terra e letras no meu ser. Tamén mar, que chegou máis tarde para quedar.
Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética polo Instituto Madrileño de Formación e técnica superior en Enerxías Renovables pola Universidade CEU San Pablo. Conto cun postgrao en Xestión e Planificación Editorial polo Instituto Europeo de Periodismo e Comunicación.
Tras realizar prácticas en La Voz de Galicia edición de Deza-Tabeirós e na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria levo exercendo o meu labor profesional durante preto de dúas décadas e media en distintos gabinetes da Xunta de Galicia (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado; Instituto Enerxético de Galicia; Consellería de Traballo e Benestar, Secretaría Xeral da Igualdade; Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Consellería de Cultura e Turismo), así como tarefas de comunicación na FEGAMP e no Concello de Lalín.
Teño colaborado durante a etapa universitaria na revista A Trabe de Ouro. Son autora do texto introdutorio titulado “Os Vilariño de Moimenta” publicado no libro Reseña histórica do Condado de Deza (1997), edición preparada por Armando Vázquez sobre o manuscrito que deixou redactado Francisco Vilariño García (meu bisavó) entre 1880 e 1904 e que constitúe unha das primeiras recompilacións de datos historiográficos sobre unha comarca natural.
Desfruto lendo, participando en eventos culturais e impulsando iniciativas de lectura entre as miñas amizades.
Levaba moitos anos querendo publicar algo de meu e ese momento vén de chegar despois dun amplo tempo de preparación coa publicación de O Naranxo no Trasmundo, o meu primeiro libro.
Unha historia de pequenas historias baseadas na tradición oral e contadas polo
O libro é unha aposta por poñer en valor o noso patrimonio como legados para as xeracións máis novas. Está ilustrado por Amalia López Brea “Luchi” e conta con prólogo de Manuel Gago, epílogo de Charo Golmar e cun texto histórico-socioeconómico que describe a época na que viviu o Naranxo (1879-1945) de Daniel González Alén.
[Outubro, 2021]