Guilhe
Alves

Víctor Fernández Alves (Camariñas, 1992).

É gradudo en Lingua e Literatura Española pola Universidade da Coruña. Publicou artigos de divulgación en distintos medios como no magazine cultural A que cheira, Papá? (2018-2021), o Nós Diario (2021-2022) e O Salto Diario (2022). Dirixiu o xornal dixital de ámbito local Camarinas.eu (2019-2022) e guionizou e presentou o programa de entrevistas Eu Son Camariñas (2021-2023), así como guionizou o spot publicitario da "XXXI Mostra do Encaixe".

Traduciu parte do libro de Ruth Matilda Galician Provinces of Spain, concretamente as páxinas dedicadas ao concello de Camariñas, levando a cabo unha investigación para determinar a identidade das persoas que se atopaban nas fotografías que ilustraban esa parte.

Ten publicado o poemario Notas a pé de barra (Edicións do Peirao, 2019. ISBN: 978-84-17986-08-7).

[Xuño de 2023]