Nada en Xenebra, Suíza, comeza a escribir poesía antes de rematar a primaria. De pais emigrantes, retorna coa súa familia á cidade de Ourense no inicio dos anos noventa. Consciente de que a escrita non lle daría para independizarse economicamente, estudou Psicoloxía, nas Universidades de Santiago de Compostela e de París, namentres escribía para blogues e magazines feministas.
A súa poesía foi recoñecida co Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé (2022), accésit no XXVII Certame de Poesía Francisco Añón (2023) e o Manuel Lueiro Rey de Poesía (2024).
Ten publicado os poemarios Habitar as fendas en Xerais (2024), fraxilidades en Espiral Maior (2023), o libro de relatos Cuerpos ajenos en Tandaia (2020), así como varios manuais de habilidades para o emprego, en Certia Editorial.
[Decembro, 2024]