Gabriel
Romero de Ávila

Madrileño de nacemento e galego de adopción desde hai máis de vinte anos, e escritor de aventuras desde sempre. Autor de tres novelas en castelán (Nilidiam, La reina demonio del río Isis e El cazador de tormentas) e unha en galego (Odio), que recibiu en 2025 o I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil. Colaborador habitual da sección cultural do diario VigoÉ, da revista Inviable e doutras publicacións periódicas. Responsable de charlas, contacontos, obradoiros, monólogos e escape rooms temáticos. Membro da Sociedad Hispánica Jules Verne e da Sociedade Jules Verne de Vigo. Namorado das viaxes, a exploración e as historias curiosas da vida.

[Abril de 2026]