Francisco
Salinas

Nace en 1955 nunha aldea de Bande na Limia Baixa. Estuda Filoloxía en Compostela onde se doutora cunha tese sobre o escritor angolano Pepetela. Despois de exercer durante anos a docencia como profesor de Língua e Literatura galega no ensino secundário e de exercer a Presidencia da Federación de Asociacións Culturais, é Profesor Titular de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña.

Colaboracións en A Nosa Terra (semanario e extras de ANT), Agália, Luzes de Galiza, Colóquio Letras (Lisboa), Nova Renascenca (Porto), Mealibra (Caminha), Hegats (Donostia).

No ámbito da critica dedicou traballos a Rosalía de Castro, R. Cabanillas, Manuel António. Otero Pedrayo, Castelao, A. Cunqueiro, Celso Emílio Ferreiro, Blanco Amor, Carvalho Calero, M" Xosé Queizán, Manuel Vilanova, Xavier Baixeras, Xohana Torres, Miguel A. Fernán-Vello, Xosé María Álvarez Cáccamo, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Paulino Pereiro, X. Luís Martínez Pereiro...

Ten participado en congresos nacionais e internacionais con temas sobre literatura galega, entre outros.