
Fernando Cabeza Quiles (Ponferrada, 1953 - Vivente, Ardaña, Carballo, 2026), era diplomado en Maxisterio e licenciado en Filoloxía Hispánica. Profesor xubilado, seguiu impartindo docencia a través dos seus libros, charlas, encontros e conferencias. Malia que este poligrafo destacou pola súa obra sobre a toponimia de Galicia, a través de nove libros publicados, cultivou outros xéneros, como o ensaio. Tamén fixo incursións literarias que agromaron en libros de contos e relatos, tanto para nenos como para maiores. Cabeza Quiles escribiu e publicou unha vintena de libros e centos de artigos, espallados por xornais e revistas, nos que desenvolveu tamén temática etnográfica, histórica, social e mesmo xacobea. Viviu, por razón do seu traballo profesional, na Estrada, Ribeira, Vigo e finalmente en Carballo. Foi socio fundador do Instituto de Estudos Bergantiñáns e formou parte da directiva da Asociación Galega de Onomástica. O seu xene narrativo e literario quizais lle viñese de Salvador Cabeza de León, de quen era sobriño bisneto.
[Maio de 2026]
