Esther de
León Viloria

Nacín un día primaveral nunha cidade castelá, pero actualmente vivo e traballo en Santiago de Compostela como bolseira do proxecto “Informes de Literatura”, realizado no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). Formo parte do equipo de redacción dos Informes 2007, 2008 e 2009, publicados en CD-ROM, que se poden consultar na páxina en liña do CRPIH.

Tamén son membro de ELOS (Asociación Galego Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil), que con motivo do Ano Xacobeo 2010 publicou A Santiago. Relatos infanto-xuvenís para o Camiño. Antoloxía e Itinerario de Lecturas. De camiño a Compostela pola LIX, nos que colaborei como redactora. Ao mesmo tempo, formo parte de ANILIJ (Asociación Nacional de Investigación de Literatura Infantil y Juvenil) e son colaboradora de LIJMI (Rede temática de investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano”).

Na actualidade participo na páxina semanal sobre Literatura infanto-xuvenil de ELOS no xornal compostelán El Correo Gallego, así como na revista galego-portuguesa M alasartes. Cadernos de Literatura para a Infância e a Juventude dende o ano 2008.

[Xaneiro, 2011]