Eladio
Medel

O masidao Eladio Medel (1973) é Doutor en Dereito pola Universidade de Vigo (2018), onde defendeu a súa tese titulada Compliance. Modelo e sistema de prevención penal, que logo da Reforma do Código Penal de 2015 vén explicar como se ten que producir a introdución do compliance officer na empresa.

Avogado en Couto Xestión Reservio (2000) compaxina a súa profesión con colaboracións coa Administración: Oficial de Notaría (2003), Mediador Concursal do Ministerio de Xustiza (2017), Mediador de Consumo da Xunta de Galicia (2018), Fiscal dos Xulgados de Xixón (2019), Asesor Xurídico e Mediador Intercultural do Programa de mulleres vulnerables e violencia de xénero da Xunta de Galicia (2020) e Técnico da Administración Xeral do Concello de Ourense (2021).

Premio Frouma de Narrativa (1997) e Premio O Grelo de Poesía (2010), é autor de Fóra do muro, publicada na editorial Lumamia. Asemade é un dos artífices da revistainviable.gal, onde entre outros escribe o illado Do Dereito e do Revés.

https://www.flipsnack.com/revistainviable/revista-inviable-21.html

DO DEREITO E DO REVÉS

O can de palleiro

Nemo succedit in delicta
Ninguén sucede nos delictos

Foi a morte do can de palleiro, a que presaxiou a morte da misma forma do seu dono; a tolemia empoleirounos aos dous ao precipicio, mais foi a 13/2021 a que os rematou, xusto aos dez anos de escomenzar, na metade da súa vida.

O can primeiro, o dono máis tarde lanzáronse dende o procenio; el levaba un Stetson gris cun laciño vermello, que de ningún modo quentaba os miolos como a boina de toda a vida, e así foi, como quedou sen ningunha.

De pequeno xa ía sendo un deles, cando rabuñaba ás nenas coa funda dun bolígrafo Bic azul; logo mordeuna no bus, o can defendeuna cando chimpou o vidro contra a parede.

Ai! Pero quen dixo que o amor en igualdade é irrelevante? Só quen ama, ten a coraxe para loitar pola saúde e vivir; só quen camiña lentamente, acada polo estudo a prudencia e a virtude.

[Xaneiro, 2022]