
Nado na Coruña en xuño de 1977, onde vive e estuda ata os 24 anos, cando pasa a primeira metade de 2002 en Londres. Despois mudouse a Madrid, onde se licenciou en Dereito pola Universidade Complutense. A mesma universidade publicou os seus relatos Johnny “O irlandés” e Na treboada, nos números 8 (2005) e 14 (2011) respectivamente, da revista Madrygal de estudos galegos.
En 2013 volve ao Reino Unido vivindo un pouco máis de 5 anos preto de Londres. En setembro de 2018 cruza o mar e instala na República de Irlanda onde vive preto da moi rebelde cidade de Cork.
En xullo de 2023 publica Ouro en po con Medulia Editorial. Unha novela histórica sobre a vida da afouta Lady Hester Stanhope, froito de anos de investigación e escritura.
En Outubro de 2025 publica a colección de relatos A liberdade do cazador, tamén con Medulia editorial, recollendo tres décadas de producción literaria nunha obra ecléctica e moi variada en temas e estilos.
[Novembro de 2025]
