Naceu no lugar de Guxilde, parroquia de Alba (Pontevedra) o 14 de xuño de 1978.
Traxectoria
Estudou no IES A Xunqueira I de Pontevedra e na Universidade de Santiago de Compostela.
Empezou de comercial en Urco Editora en 2013 e chegou a ser o director editorial efectuando tarefas en todas as áreas.
Foi socio fundador da editora Cuarto de Inverno xunto con Andrea Jamardo Seijo.
Traballou de comercial no Consorcio Editorial Galego e como editor e corrector por conta propia.
Desde 2023 é o presidente de Galix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.
Desde 2024 é comercial na Editorial Galaxia.
Obra
Púrpura Tero (2024). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 124 páxs. ISBN 978-84-1176-335-6.
Como tradutor:
Contos de ciencia ficción. Vol I, de Jack London (2013). Urco Editora.
[Decembro, 2024]