Daniel
Ugarte

Nado en Santiago de Compostela en 1981, é licenciado en Ciencias Políticas e especialista en Dereito da Propiedade Intelectual.
Desde 2007 reside en Bruxelas, onde traballa como xestor de programas europeos na Axencia Europea para as Pequenas e Medianas Empresas (EASME).
Membro da Asociación Couto Mixto de Bruxelas, é un dos responsables da organización de eventos que teñen como obxectivo presentar a cultura galega contemporánea na capital belga.
En 2019 publicou a súa primeira novela, O coala (Edicións do Peirao).
A súa segunda obra, Dezanove comunas e un aeroporto (Morgante) foi publicada en abril de 2022.

[Maio, 2022]