Profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario. Ten publicado relatos e recensións e colaborado en libros de texto. Gañou o I Certame de Relato Curto Cidade Vella (1988) e o Premio de Narración Curta no I Certame Literario e de Investigación Terra de Melide (2001). En 2002 gañou o certame Manuel Murguía de narracións breves con Soñar pedras con fútbol. En 2016 gañou o Premio Narrativa Breve Repsol coa obra Nordeste, que tamén foi finalista do Premio da Crítica de Galicia e do Premio San Clemente Rosalía-Abanca. Nordeste foi traducida ao portugués do Brasil e publicada neste país. En 2018 gañou o Premio Nélida Piñón de relato breve con Anatema. Neste mesmo ano gañou o Premio de Poesía Johán Carballeira coa obra Transmatria. A súa novela As mulleres da fin do mundo (2019) foi finalista do Premio Xerais de Novela. Participou como autor na obra colectiva O libro dos trens (2019).
[Xaneiro, 2020]