Conchita
Paz Montenegro

Nada en Vilalba (Lugo).

Profesora de Lingua Galega no IES Ánxel Fole (Lugo).

Técnica de Artes Plásticas e Deseño en Serigrafía Artística.

Técnica Superior de Artes Plásticas e Deseño en Gravado e técnicas de Estampación.

Técnica Superior de Cerámica Artística.

Máis de cen exposicións.

Forma parte do grupo de poetas e artistas plásticos Roteiro das Artes, con carácter itinerante por toda Galiza (Monterroso, Teo, Padrón, Taboada, Sarria, Chantada, A Coruña).

Tamén se integrou en Roteiro das Artes Internacional: Galiza-Cabo Verde, Galiza-Perú, Galiza Mozambique, Galiza-Ucrania, Galiza-Angola.