Clara
Martín

Clara Martín (Cristalina López Rguez) Verín, 1968

Escritora e colaxista autora de libros como Estado de Alarma. Edición limitada e numerada (2020) 13 relatos acompañados de 13 fotografías de Plácido L. Rodríguez. De mazá e canela. Contos con sabor e cor. (2021) Libro de contos realizados a partir das receitas da reposteira Teresa Fenollosa e ilustrado por Isabel Pintado. Loucine, (2023) Ed. Fervenza, obra gañadora da oitava edición do Concurso Balbino de Relatos. Dacabalo do aire, libro de relatos ilustrado con fotografías de Plácido L. Rguez. Ed. Ir Indo (2023). Asfixia editado por Medulia Editorial. Obra gañadora do VII Premio de Poesía Eduardo Pondal (2025).

Autora de textos teatrais como Os pecados do lobo, No esconderás un cadáver en el armario e Ovidé decirte adiós, así que adiós. Este último traducido ao galego e publicado pola Editorial Fervenza co título Esquecín dicirche adeus, así que adeus (2019).

Libros colectivos dos que formou parte: Imposible no comerse. En el volcán de los amores canallas e De las sogas de la felicidad, el amor, por ejemplo: para no vencerno nunca coordinados, ámbolos dous, por Antonino Nieto. Lastura Ediciones, Entre leiras e labores. Antoloxía verbo-visual de autoras galegas. Coordinado por Inma Doval Porto. Editorial Urutau.

Galardoada con distintos premios literarios como o primeiro premio de narrativa da Romaría Etnográfica Raigame 2004 (Celanova-Ourense) co relato Ficarei en Lisboa, primeiro premio no IV Certame de Relato Curto en galego convocado polo Concello de Mugardos-2006 (A Coruña) co relato Verde herba verde e primeiro premio no Certame de “Auga y Vida” de relato curto-2011 concedido por El Corte Inglés-Galicia con Amara.

Segundo premio no Airiños do Xunco-2005 (Lugo) e tamén no XIV Certame Literario de Piñor-2005 (Ourense). Finalista en certames internacionais e nacionais como o Certame de Relato curto Ábaco-2006 e no VI Certame Carmen Martín Garite de Relato Breve convocado pola Agrupación Casa da Cultura de Cerceda (Madrid)-2006. Accésit no Certame Manuel Oreste, convocado polo Concello de Paradela (Lugo) co poemario Sogas no ano 2008.

Como artista plástica traballa a colaxe analóxica contando con varias coleccións de colaxes/femmages tales como O que comen as bruxas (2020), As saias da Carolina (2022), Lieders (2023) -colección/homenaxe a Rosalía de Castro, Neuralxia (2023), Vida (2023) e Asfixia (2024). Tamén ilustrou os poemarios Uterus siue uolua (2022) e O abrazo das bocas (2025) obra do escritor e poeta X.P. de Neira, ámbolos dous de Edic. Fervenza.

[Setembro, 2025]