A Corunha, 1974. Doutora em Filologia Galego-Portuguesa pela Universidade da Coruña, onde atualmente trabalha como professora.
Tem publicado as monografias Teatro Circo na configuración do Teatro Independente Galego (1967-1978) (2013) e Teatro Circo. Tres textos (2010). Além disso, é coautora de O ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudio e antoloxía (2002) e Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego (1990-1999) (2000).
Também é coautora de Gramática Práctica da Lingua Galega. Comunicación e Expresión [2010] (2011) -Prémio Xosefa Iglesias Vilarelle ao melhor livro didático de 2010- e dos livros de texto de Língua Galega e Literatura de ESO publicados por Baía Edicións.
Trabalhou como atriz no Teatro do Alvardán, no Clube Teatral Elsinor e na Compañía Teatral Casahamlet, em cujo estúdio foi professora.
[Janeiro, 2019]