Charo Valcárcel Mato naceu en Vinseiro (A Estrada) en maio de 1960. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago, exerceu como profesora de lingua e literatura galega, sendo o seu último e máis prolongado destino o IES Valle Inclán de Pontevedra, onde ademais dirixiu o grupo de teatro Argallada.
Tras a súa xubilación no 2020, publicou o seu primeiro poemario, Cando os bosques sintan frío, en decembro de 2021, e en 2022 o libro de relatos protagonizado por mulleres Funámbulas, un dos cales, Espello, obtivera o primeiro premio no XIII Certame literario Terras de Chamoso no ano 2019. En outono de 2024 viu a luz o seu segundo poemario, A nena chuvia.
No 2017 conseguiu o primeiro accésit de poesía no Certame Manuel Oreste Rodríguez.
Participou en publicacións colectivas como a revista Furman e segue facéndoo en Xistral, tamén nas rúas colectáneas luso-españolas Cultura sem fronteiras, Abraço de culturas e Histórias de encantar, ademai de ser asidua en distintos recitais poéticos celebrados en Pontevedra, O Grove, Vigo ou Marín.
É unha das creadoras do proxecto web, nado en Pontevedra no 2020, De vella a bella.
[Maio de 2025]