Celsa Barja é unha escritora ourensana que conxuga nos seus escritos a ironía, a sensualidade e o erotismo coa denuncia social. O seu estilo, tanto en prosa coma en verso, somerxe ó lector nun mundo de sensacións e emocións do que é diñcil subtraerse. Se algo caracteriza a súa escritura é, sen lugar a dúbidas, a utilización da palabra cun dominio inusual, correcto e elegante. Esta escritora independente vén avalada por un recoñecemento a nivel mundial grazas á difusión da súa obra por internet, cun coidado e mimo exquisito dos seus espazos. Numerosas recensións á súa obra en webs relacionadas coa literatura espellan a dedicación e constancia de Celsa Barja, un eco que agradecen os seus máis de tres mil seguidores dende calquera parte dos cinco continentes. Tres medallas de ouro na web do profesional do mundo literario Ediciona.com, así como a inclusión da súa obra en dúas Antoloxías elaboradas polo coñecido escritor madrileño Fernando Sabido, falan por si soas da traxectoria desta escritora.
Colaboracións solidarias ó favor da Infancia:
- Una Navidad, un Libro, un Niño, de Escritores Solidarios (librovirtual.org).
- En el envés de la luna, de liberlibro.com, proxecto levado a cabo por Círculo Poético Orensano e Escuelas de la Tierra.
- Corazones con esperanza, de Escritores Solidarios (librovirtual.org), onde ademáis colaborou coa elaboración dun vídeo declamando coa súa voz un dos seus poemas doados.
Títulos publicados:
- Con unas letras, poesía.
- Entre tú y yo, relatos cortos onde asoma a súa prosa poética.
- Mea culpa, narrativa.
- Algo de mí, poesía.
- ¿Alguien ha visto el amor?, narrativa e un dos seus libros máis reseñados.
- La flor y su herida, poesía.
- Espindo un bico, primeiro libro publicado exclusivamente en papel baixo o selo editorial propio e en galego.
Celsa Bruja colabora en talleres en colexios e en numerosos recitais levados a cabo por asociacións que fomentan e difunden á poesía. Actualmente traballa nun novo poemario que verá a luz a próxima primavera.
[Marzo, 2011]