O Porriño 1954. Empresaria ata o ano 2012.
Formouse na escrita creativa con Clara do Roxo a finais do 2015. Pre-xubilada, comezou a participar en certames literarios a partir desa data.
Dende que comezou a escribir foi finalista sete veces no concurso MicroCatroRelato, dende febreiro de 2015 ata abril de 2016. En novembro do 2015 recibe o segundo premio no concurso “Dillo a quen maltrata” no concello de Lalín coa obra Manuel. En A Cividade, Mos, gañou o primeiro premio con Alika, en maio de 2016. Foi finalista do Concurso Parque Nacional das Illas Atlánticas, con A derradeira viaxe, en xuño do 2016. Primeiro premio Relatos na Rúa, Vigo Histórico, con Nunha maleta caben todos os ventos, en setembro do 2016. Obtivo tamén o segundo premio no noveno Certame Vigo Histórico, coa obra Una calle cuesta arriba.
Xurado en certames literarios no 2019 e 2024.
En castelán ten tres libros publicados: Norteño ya no quiere bailar (2023), Amén Jesús (2024) e En aquellas calles dibujé mis pasos (2025).
Entre 2015 e 2016 tivo dezasete publicacións en antoloxías varias.
Entre 2020 e 2021 foi dezasete veces finalista en Viernes creativo, no Portal del escritor.
[Marzo de 2025]