
María do Carme Adán Villamarín (Donostia, 1966) é doutora en Filosofía, política e ensaísta.
Nada en Euskadi de pais galegos emigrantes, regresa a Lalín para estudar o Bacharelato no IES Ramón María Aller. Licénciase en Compostela na Facultade de Filosofía en 1989, obtén a praza de docente de Filosofía no ensino público en 1990.
Participa na Aula Castelao de Filosofía desde 1992, en 1995 coordina a XII Semana Galega de Filosofía “Filosofía e Xénero”, posteriormente preside a Aula Castelao de Filosofía desde1997 até 2005. Actualmente é Presidenta de Honra da mesma.
Durante a mesma época participa do colectivo de Mulleres “Simonas de bo ver” no que desenvolve funcións de coordinadora de dous Seminarios permanentes de Coeducación e na elaboración de materiais didácticos sobre á perspectiva de xénero nas aulas de Filosofía.
En 2002 defende na USC a tese de doutoramento sobre epistemoloxía feminista baixo o título “Epistemoloxía, natureza e xénero” e dirixida por María Xosé Agra.
Durante os anos 2005-2009 desempeña o cargo de Secretaria Xeral da Igualdade no Goberno galego, entre 2007-2009 é Presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galicia.
Durante a VIII e IX Lexislatura é deputada no Parlamento galego.
Durante os anos 2018-2026 é membro do Plenario do Consello da Cultura Galega, no período 2018-2022 coordina a sección de” Pensamento” e no período 2022-2026 é directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos.
Coordina entre 2020-2023 a sección de “Feminismos” da Revista Grial, editada por Galaxia.
Actualmente é colaboradora da Radio Galega no programa “A Crónica” e columnista en Nós Diario.
Exerce como Catedrática de Filosofía na EPA do Berbés en Vigo.
Como directora do CDIF, Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, do CCG, podemos destacar os seguintes proxectos:
“Sophias”, unha web-serie para dar a coñecer as pensadoras.
A recuperación dos textos Evidencias e Recuperemos as mans de María Xosé Queizán.
Publicación de “40 mulleres tecendo xuntas” xunto coa Deputación da Coruña.
Coordinación e participación no “Manual guía para previr a violencia machista”.
Coordinación do Foro de Identidades e Disidencias sexuais.
Coordinación da exposición “Sen Cancelas”.
Coordinación a exposición “Pegadas para un tempo novo”.
Coordinadora do Congreso “Eu tamén navegar, 50 anos de feminismo galego”.
Comisaria da Exposición “Eu tamén navegar. As ondas do feminismo galego”.
Publicacións en formato libro:
- Feminismo e coñecemento en Espiral Maior (2003), traducida ao castelán en (2006).
- Cartografías do derrubo, recompilación de dous anos de actividade xornalística na sección de opinión de Xornal de Galicia (2011).
- Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en temos de submisión (2018), cuarta impresión enfebreiro de 2020. En maio de 2019 foi publicada en castelán e en setembro de 2019 en catalán.
Artigos máis recentes:
- “Cyborg” en Barbarismos queer e outras esdrújulas en Edicions Bellaterra (2017)
- “Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente?” na Revista Andaluza de Antropología (2018).
- “Conceptos y violencias: espacios para el debate sobre la violencia obstétrica” en Violencia obstétrica da editorial Tecnos (2018).
- “Sobre verdade e posverdade en sentido extrapolítico” en Grial, nº 216, 2018
- “Galiza: o ideal que nos aloumiña” de próxima publicación en O noso pobo. De hoxe noutros corenta anos polo Museo do Pobo Galego.
- “How many shades does femicide have? Reflections from feminist epistemology” en Knowlegdes, Practices and activism from Feminist Epistemologies (Vermon, 2019)
- “Que lexitima o discurso violento?” en Grial, nº 234, 2022
Premio “Begoña Caamaño” á acción cultural pola Igualdade da Deputación da Coruña 2026.
Participación en accións culturais:
- Membro do comité organizador do congreso “Castelao. Co pensamento en Galiza” celebrado en Pontevedra do 19 ao 21 do outubro do 2000.
- Membro do comité organizador do congreso “O exilio galego” celebrado en Pontevedra do 25 ao 27 de xaneiro do 2001.
- Membro do xurado da XIX edición dos Premios da Crítica Galicia na modalidade de Iniciativas Culturais.
- Membro do xurado dos Premios da Critica edición 2017 na modalidade de Investigación.
Cursos impartidos recoñecidos pola Consellaría de Educación:
- 2001-2002 A tecnociencia: un enfoque ético-político (0001VV322)
- 2004-2005 Natureza, individuo e sociedade (0405VV017)
- 2009-2010 VIII Xornadas da Muller - X0901443
- 2009-2010 XXXIII Xornadas de Ensino en Vigo - X0901104
- 2010-2011 V Encontro de debate sobre o Medio Rural. Por unha educación permeable á cultura popular- X1001311
- 2017-2018 XV xornadas da muller- X1702117
- 2018-2019 Calendario da igualdade- V1803001
- 2018-2019 Xornada de educación para a igualdade- S1802015
- 2018-2019 XVI xornadas das mulleres. A coeducación, alicerce no ensino-X1802104
- 2019-2020 Coeducación para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en igualdade-X1914007
- 2022-2023 Desafíos da Globalización. XXIV Curso de pensamento e comunicación Carlos Gurméndez-X2201105
- 2023-2024 A diversidade sexual e de xénero nas aulas 2023- P2302014
- 2024-2025 Museos situados. Educación e territorio-L2401023
- 2024-2025 Xornadas de Novas ferramentas para a coeducación- X2402059
[Outubro de 2026]
