Branca
Trigo Cabaleiro

Branca Trigo Cabaleiro (1997) é unha escritora e editora galega. A súa obra pon en primeiro plano a relación da literatura con outras disciplinas e a exploración de canles de distribución alternativas.

Codirixe Edicións Malafera, onde publicou os poemarios Coñecemento do Medo (2021), trans0 (2024) e Mundo Carne (2025) así como varios fanzines. O seu segundo libro, Condolore, viu a luz no ano 2022 coa editora Urutau. A súa obra aparece en revistas e publicacións colectivas, e foi recollida na antoloxía bilingüe Vomitei Deus (Eolas, 2025). Gañou certames de poesía coma o da Universidade de Vigo ou o do Concello de Carral, este último co poemario Especies Invasoras (Espiral Maior, 2026).

Actualmente realiza a súa tese doutoral na Universidade de Vigo. Como investigadora, ao igual que no seu traballo literario e editorial, afonda na monstruosidade da poesía vinculada ás identidades subalternas.

No terreo escénico, colaborou con outres creadores coma o poeta e músico Pablo Rodríguez, o pintor Ramón Trigo e a artista do shibari Yuekun. Coordinou xunto con outres autores o micro aberto Cerimonia de Gaivotas e organizou obradoiros de poesía, fanzine e improvisación oral en centros de ensino e asociacións.

[Xaneiro, 2026]