Benito Pereira Domínguez, natural de Lantemil, Entrimo-Ourense, nado o 14 de maio do 1964, e falecido o 18 de marzo de 2023.
Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Master en Parapsicoloxía impartido por Compustar, Brownsville; Texas, Estados Unidos de América e VF Astrologer, Lleida-España, e Enxeñeiro Técnico Textil pola Universidade Politécnica de Terrassa.
Enamorado da historia local, publicáronlle o seu primeiro libro no ano 1988, cando aínda cursaba estudos de psicoloxía, co título Entrimo, Villa Jardín. Seguiu investigando e tocoulle o turno a Lobios, co libro Lovios y su comarca, publicada no ano 1992. Tres anos máis tarde, O val do Limia, onde falou dos dezaseis concellos que compoñen a bisbarra. No ano 1999 o libro La villa de Laxe.
No ano 2003 Nasciturus foi a súa primeira novela fora do ámbito da investigación cultural-antropolóxica. Ramboia é a última novela, no ano 2005.
Dentro do mundo xornalístico, traballou dous anos no xornal La Región, de Ourense. Realizou diversos folletos turísticos para a Xunta de Galicia.
En novembro do 2003 foi nomeado Subdelegado da Asociación de Escritores e Artistas Españoles na provincia de Ourense.
[Marzo, 2023]