Andreia
Costas

Son filla da migración da clase obreira galega. Nacín co nome de Andrea Otero Costas, en Stockach ao pé do lago de Constanza, Alemaña. Adquirín a licenciatura de Belas Artes, en Barcelona e o grao universitario na HBK Hochschule für Bildende Künste Braunschweig (Niedersachsen). Máster en cinema experimental coa cineasta Birgit Hein. Bolseira ERASMUS e DAAD para graduadas. Traballei para a TU, Universidade Técnica, de asistente universitaria para fotografía e multimedia. Fun docente da FH, Fachhochschule Informática, na cidade de Wolfenbüttel para deseño creativo no ordenador.

Participacións en varias exposicións da “Bienal Werkleitz, a chamada “Documenta des Ostens”; obras amosadas: “Gegeneinander-Miteinander” fotógrafía de placas de gran formato analóxicas e bocexos, “Arquitectura fachwerkhäuser”, ”Portraetserie” foto branco e negro, formato 6 x 6 experimental. “AH” curta da estática das Fachwerkhäuser experimental. Bolseira EMARE en Budapest postgrao.

Cartaz e documentación fotográfica do performer singapurense Lee Wen (1957-2019) para a da serie “The Journey of a Yellow Man” na Werkleitz Biennale Germany e Singapore Art Museum 2012. https://cdn.aaa.org.hk/_source/lwe-00092-03.pdf

Terapeuta: Diplomada en osteopatía craneosacral biodinámica na Coruña e Barcelona; Diploma en terapia clínico floral; mindfulness. Profesora de biodanza de segundo grao.

Coordinadora do club de lectura de alemán na Biblioteca de Soutomaior (o primeiro en Galiza): https://www.radioredondela.com/2012/10/30/literatura-e-cultura-alema-en-soutomaior/

Performances colectivas e individuais, pregóns, recitais, curtametraxes. Textos en diversas antoloxías colectivas de relato, microrrelato e poesía.

Performances Individuais:

  • “The Perfect Lover”
  • “Media María”

Ambas no Allgemeiner Konsumverein e.V galería de arte Braunschweig a cargo da curadora, galerista e historiadora Dr. Anne Müller von der Haegen.

  • “Lúa perdida”

Menstruación e patriarcado na performance “A Casa De Arriba” (Vigo 2019).

Performances Colectivas

“Somos mujeres y estamos aquí” de Yolanda Herranz Pascual, exposición Voilà la femme, Museo Castelao (Pontevedra 2022)

“(él) ARTE eres ARTE” de Yolanda Herranz Pascual, VII internacional performance “Fugas e Interferencias” CGAC, Centro Galego de Arte Contemporáneo, Santiago de Compostela. Galiza 2022

Curtametraxes

Participacións en diferentes festivais de curtas e multimédia: Braunschweig, Werkleitz Biennale, Linz, Oberhaunsen, Hannover, Berlín, tournée do Goethe Institut.

Ciclo “Traballadoras da Imaxe” exhibición de “O ventre de cristal / Der Gläserner Bauch”, “A lúa perdida / Der verlorene Mond” e “O bico do espertar / Wachgeküsst” Museo MARCO (Vigo 2019). Pertencen a produción “triloxía do tabú” material found footage e autobiográfico en galego, castelán e alemán.

https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Bio_Andreia%20Costas_0.pdf

Obra literaria colectiva / antoloxías

“VII Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas” co texto “Matouno o Demo e Deus levouno” Finalista 2019
http://www.mulleresprogresistas.org/mulleresprogresistas/inicio/inicio.php?infotiponova=6

Publicación de La Voz de Galicia para a edición dominical do 9 de Agosto, certame “Relatos de Verán” selección de “Acne de verán” 2019

VI relatos na rúa. VV.AA Ed. Elvira “Felicia da Falperra” Accesit 2019 ISBN 978-84-120562-0-4

Relatos na rúa 7. VV.AA Ed. Elvira “A resistencia das folerpas do sal” Finalista 2020 ISBN 978-84-120562-9-7

VIII Edición de Microrrelatos Mulleres Progresistas por “A fraternidade das bestas”. Finalista 2020

http://www.mulleresprogresistas.org/mulleresprogresistas/inicio/inicio.php?infotiponova=6

I Edición Premios EXERIA, Ateneo Atlántico e a Fundación Xoan Piñeiro.
Microrrelato: “Dos vellos con boina negra”. Finalista 2020
https://ateneoatlantico.blogspot.com/p/exeria-microrrelato-finalista-andreia.html

Relatos na rúa 8. VV.AA . Ed. Elvira.“Crónica de un pisito de Vigo”. 2021 ISBN 978-84-122609-6-0

II certame GADIS de microrrelato por “Final Feliz” Finalista na categoria de galego, e selección en categoría de castelán con “Bregar en un mar de ira” e “Aquelarre”. Papel e dixital. Edita Gadisa Retail SLU. Deposito Legal C 135-2021

“Facer poesía en Celanova” poemario ilustrado por Baldo Ramos coordinado por Xoán Carlos Domínguez Alberte, da AELG, na Fundación Curros Enríquez. seis poemas: “A Franqueira non é cousa de francos”, “Rumorosos…roncan, rosman”, “Elexía para a memoria da arxila”, »”antoloxía de textos poéticos”, “Oda ás lentellas de barrio”, “O movemento dunha falorpa polo chan”, “A conta das sereas” 2022 Celanova. Imprenta Celanova S.L ISBN 9788409463954

Obra literaria individual

  • "Corazón de Vaca e Outras Vísceras” narrativa, 13 relatos e 16 microrrelatos, Editorial Urutau 2021. Prólogo e sinopse de María Xosé Porteiro. ISBN 978-65-87938-20-2

Sinopse de María Xosé Porteiro

Exótica, misteriosa, por veces, implacábel a prosa de Andreia Costas non deixa indiferente pola súa forza e atrevemento. É incisiva e máis tamén sutil por momentos e por riba de todo, traslada a espazos moi persoais que nos convida a descubrir.

En “corazón de vaca e outras vísceras, a autora presenta un conxunto de relatos onde inflorescencias de gran porte se compaxinan con gromos de vida inquedos que nos fan ollar ao chan para comprender a súa furia, como deixados por un inesperado e violento refacho de aire.

Este libro que nos ofrece Andreia Costas caracterízase pola ausencia do medo; por unha creatividade que logra contradicir a orde preestablecida da ortodoxia das convencións (tamén literarias). A autora desafía os límites para acadar cun estilo propio, recoñecíbel que a distinga do tumulto. Un selo propio, pouco frecuente nas plumas do universo literario no que se presenta.

  • "Magnolia Punk e outras Arritmias" poesía ilustrada por Andreia Costas Medulia Editorial 2023. Prólogo de Xavier Baixeras ISBN 978-84-19-43830-0

Sinopse da autora

"Magnolia Punk e outras arritmias" é un poemario íntimo e inconformista dividido en dúas partes: latexo bradiarrítmico, vagaroso, reflexivo e o latexo taquiarrítmo, de aceleradas estrofas e metáforas visuais.
O nexo destes poemas son historias de emocións marcadas por diferentes culturas en fricción social permanente contra as forzas e convencionalismos: o post-colonialismo e as vagas de migración, a contaminación medioambiental, a xestión política social, o peso da educación patriarcal, os roles de xénero no amor e o poder do algoritmo dixital para a manipulación do colectivo.

Premios

  • 1º premio do XI Certame de microrrelato OZOCOgz “Botinas de agasalho” 2023.

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/ozocogz-entrega-domingo-premios-do-seu-concurso-microrelatos/20230715163626173373.html

  • 1º premio caligrama, poesía visual; I Certame Caligramas Constanza de Castro “O tempo do eurizo tamén pasa” 2021.
  • 1º Premio do Certame SNL (Servizo de Normalización Lingüística) cidade da Coruña Microrrelatas, "# do eido galego para o mundo enteiro" no 2021.
  • 2º premio de “Alitera Clara” do Café Teatro de 4 a 4 “Inferno Salgado” 2019.
  • Finalista do X Certame de microrrelato OZOCOgz, “Acontece no mar véspera de San Xoan” 2022.
  • Finalista do II Certame de microrrelatos GADIS por “Final Feliz” no 2021
  • Finalista da I Certame dos premios EXERIA microrrelato, Ateneo Atlántico e a Fundación Xoan Piñeiro, “Dous vellos con boina negra” 2021.

https://ateneoatlantico.blogspot.com/p/exeria-microrrelato-finalista-andreia.html

  • Finalista do VII Certame Internacional de de Relatos Vigo histórico “A resistencia das folerpas de sal” 2020.
  • Finalista no VIII premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas. “A fraternidade das bestas” 2020
  • http://www.mulleresprogresistas.org/mulleresprogresistas/inicio/inicio.php?infotiponova=6
  • Finalista no VII premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas. “Matouno e o demo levouno” 2020.

http://www.mulleresprogresistas.org/mulleresprogresistas/inicio/inicio.php?infotiponova=6

  • Accesit VI Certame Internacional de Relatos Vigo histórico. “Felicia da Falperra” 2019.
  • 1º premio do IV Certame de Poesía LGBT+ organizado por Avante LGBT+ Compostela coa obra Eurídice Dixit.

Miscelánea

  • Pregoeira de “Lecturas na rúa” o gallo do Día do Libro 2023

Radio Redondela

https://www.radioredondela.com/2023/04/26/mais-de-900-nenos-e-nenas-participan-dunha-nova-edicion-de-lectura-na-rua-na-alameda-de-redondela/

Faro de Vigo

https://www.farodevigo.es/comarcas/2023/04/27/900-ninos-participan-lectura-na-86545111.html

  • Pregoeira do II Magosto Cultural Cal da Loba “O legado de Constanza de Castro” 2022.

Cantiga homenaxe a Antón Fraguas, Día das Letras Galegas; composición musical para frauta Abraham Fernández e zanfona de Erick Feles. Auditorio de Bembrive, Vigo 2019.

Selección para antoloxías publicadas de haikus, poemas e microrrelatos en castelán 2019.

Presentacións de libros, charlas e conferencias

VÍDEOS NAS REDES

Libraría Cartabón 2021, relatos e microrrelatos “Corazón de vaca e outras vísceras” Editorial Urutau, presentado por María Xosé Porteiro

https://www.youtube.com/watch?v=sVeGiEF8h_U&t=202s

YOU TUBEIRA Canle You Tube 2023: ANDREIA COSTAS vídeo_poesía_microrrelato

https://www.youtube.com/channel/UC5LLCX9jBkiAEgqPJTU21lA

INSTAGRAMER activista #andreia_costas100 campañas en pro da igualdade de xénero

#5de60 #6de61 #sororidadeliteraria

MEDIOS DE COMUNICACIÓN: Radio

Radio Redondela presentación dos 29 relatos e microrrelatos de “Corazón de vaca e outras vísceras” Editorial Urutau(18/03/2021)

https://www.radioredondela.com/audios-seccions/literatura-andreia-costas/

“Emociónate coa radio”, programa faladoiro coa rapazada e “SiRadio Galicia”. Unha marabillosa experiencia sensitiva, falamos de identidade de xénero, de sexo, de poesía e meteoritos. Pódese escoitar no podcast:

https://open.spotify.com/episode/3goPikLRISNaXqn8DUm48B

SiRadio Galicia presentación do poemario “Magnolia Punk e outras Arritmias” Medulia Editorial (02/05/23).

https://www.siradio.gal/2023/05/05/andreia-costas-trata-temas-como-a-violencia-ou-a-manipulacion-no-seu-ultimo-poemario/

Radio Redondela entrevista polo proxecto Medias_Rotas, recitado, música e audiovisual que parte do poemario “Magnolia punk e outras arritmias” coa luthier Lorena Reinaldo Lusquiños e Uxía Blanco no salón de Turismo Redondela (05/05/2023).

https://www.radioredondela.com/2023/05/05/andreia-costas-presenta-en-redondela-magnolia-punk-e-outras-arritmias/

MEDIOS DE COMUNICACIÓN: Televisión

Plató en directo, programa Zig Zag Cultural entrevista “A víscera foi o que levou a escribir: as persias somos moitos escuros e algúns claros” coa coa xornalista, presentadora e poeta Pilar García Rego Pilar (23/03/2021)

https://www.crtvg.es/informativos/andreia-costas-a-viscera-foi-o-que-me-levou-a-escribir-as-persoas-somos-moitos-escuros-e-alguns-claros-4895786

Tele Vigo: programa Plató Aberto 2021, streaming en directo, presentación do obradoiro de escrita creativa e biodanza “Sandar a fenda patriarcal” Museo Liste de Vigo.

https://www.youtube.com/watch?v=Su2sNJs8NLM&t=832s

Plató en directo programa Zig Zag Cultural, entrevista “Estar do lado dos gañadores é fácil, o difícil é estar aos outros lados” coa xornalista, presentadora e poeta Pilar García Rego (30/05/2023)

https://www.g24.gal/-/-andreia-costas

MEDIOS DE COMUNICACIÓN: Prensa escrita

“Corazón de vaca e outras vísceras” 13 relatos e 16 micros, Editorial Urutau 2021

Sinatura e promoción nas Feiras de Libro de Galiza 2021, caseta da Libraría Pedreira de Santiago de Compostela: Vigo, Redondela, Porriño.

Entrevista para a revista A Movida sobre temas do libro (09/06/2021)

https://amovida.gal/andreia-costas-utilizo-a-ciencia-ficcion-para-falar-de-temas-actuais-sen-que-me-leven-a-cadea/

Crítica de Manrique Fernández no Blog «O meu andel», crítica literaria dixital.

https://manriquefdez.wordpress.com/2023/04/13/andreia-costas-magnolia-punk-e-outras-arritmias/

Diario Atlántico de Vigo, entrevista con Ana Baena (30/03/2021)

Vigo-e “Unha escritora galega chamada Andreia Costas” entrevista de Julio Alonso (11/04/2021)

https://www.vigoe.es/cultura/libros/unha-escritora-galega-chamada-andreia-costas/

A movida “Utilizo a ciencia ficción para falar de temas actuais sen que leven a cadea” entrevista con Pablo Vázquez (09/06/21)

https://amovida.gal/andreia-costas-utilizo-a-ciencia-ficcion-para-falar-de-temas-actuais-sen-que-me-leven-a-cadea/

"Magnolia Punk e outras Arritmias" poemario ilustrado pola autora. Medulia Editorial 2023

Sinatura e promoción nas “Feiras do Libro de Galicia” 2023, caseta da Libraría Pedreira de Antón Pedreira: Santiago de Compostela, Vigo, Redondela, Porriño, Ourense, Pontearas (presentación do poemario a cargo de Hortensia Bautista), A Coruña.

Libro seleccionado para a Feira do Libro de Bos Aires 2023, stand Galicia, Xunta de Galica.

Libro recomendado de Xulio Valcárcel, nas páxinas literarias do “El ideal Gallego”

Crítica de Manrique Fernández no Blog «O meu andel» e Comarcas na Rede, crítica literaria dixital (13/04/2023)

https://manriquefdez.wordpress.com/2023/04/13/andreia-costas-magnolia-punk-e-outras-arritmias/

https://www.comarcasnarede.com/colaboracions/o-meu-andel/andreia-costas-magnolia-punk-e-outras-arritmias/

Artigo de Julio Alonso de “Vigo é” o gallo da presentación por parte de María Xosé Queizán no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Tamén pola participación na Feira do Libro de Bos Aires, Arxentina (26/04/2023)

https://www.vigoe.es/cultura/libros/andreia-costas-presenta-magnolia-punk/

Reseña na revista “Tempos Novos” nº 314 de Xullo, artigo “Sobre contos e versos” páx. 62 Manríque Fernández

[Agosto de 2023]