Ana
Romaní

Lingua e Teatro. X Xornadas sobre Lingua e Usos
 Ensaio
 2014
 Este volume recolle os relatorios presentados nas X Xornadas sobre Lingua e Usos, Lingua e Teatro, celebradas na Universidade da Coruña entre os días 27 e 29 de novembro de 2013. Estas actas reúnen un conxunto de textos que conteñen importantes reflexións a respecto do binomio lingua e teatro, con todas as súas implicacións, e que son de grande actualidade nun momento como este en que se está a debater, sobre todo no ámbito académico, sobre a calidade da lingua empregada nos medios de comunicación públicos, no ámbito político ou no humor, por exemplo. Nestes casos sempre está presente a suposta disxuntiva entre a conexión ou proximidade coa lingua popularmente falada e a necesaria preservación da autenticidade e da dignidade dun galego oral historicamente sometido a un forte proceso de castelanización. Edición de Carlos Caetano Biscaínho e Xosé Ramón Freixeiro Mato