Saídres, 1974.
Son licenciada en Xornalismo pola USC e cursei o Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura da USC, cun TFM sobre contracultura e ciberactivismo artístico.
Como autora comecei a miña andaina en 2017 coa publicación do libro de relatos Sapos e Sereas (Galaxia). En 2018, publiquei a novela As Ramonas (Galaxia), que recibiu o Premio Manuel García Barros de novela e en 2020 a novela Deixádenos Remar (Xerais), finalista do Premio Xerais de novela. Neste tempo, tamén teño publicados relatos en dous libros colectivos, Contra o vento e O libro dos trens ambos en Galaxia, e en revistas culturais como Grial, Dorna e Ligeia. Formo parte do grupo Versos Soltos, xurdido a partir de experiencias en obradoiros e cursos de escrita creativa, e co que editei o fanzine “Compostela”. En 2022, gañei I Premio Exeria para proxectos literarios, grazas ao que puiden gozar dunha residencia literaira en Xerusalén para avanzar no libro titulado provisionalmente “Shukran”.
Como xornalista traballo actualmente nun gabinete de comunicación institucional. En 20 anos de profesión tamén teño colaborado puntualmente con medios escritos culturais –semanario Sermos Galiza-, con proxectos ligados á difusión do medio rural –revista Cultura Rural-, no ámbito da discapacidade intelectual –Federación Down Galicia-, e no da cooperación ao desenvolvemento –Implicadas no Desenvolvemento–.
[Xaneiro de 2023]