Centro de Documentación da AELG
Poemas publicados na revista Eiva (Ferrol) (textos íntegros) - Sonetos a Freán
Arias Saavedra, Ana

SONETOS A FREÁN  (GUNTÍN DE PALLARES, LUGO)

Adicado moi garimosamnte a meus  pais
6-2-06

¡Freán! amada terra dos bisavós,
terriña acariñada pola miña avoa,
gabexada con amor na laboura,
nesa paixón do amor do amado meu avó,

¡ Freán ! endeusado berce do meu pai,
berce da miña alma e do meu corazón,
aleutada terrriña en doce fruición,
polas amadoras mans da miña nai,

¡Freán! que gardas pegadas de todos nós,
gardando nós no cerne pegadas túas,

Vibrando de emoción os nosos cós,
chorando pesares polas pedras túas,

                        I

Amada en ambrosía terra de Freán,
iraste connosco na alma ó Edén,
e alí seguirás a vivires tamén,
no amor tépedo de albor de verán,

Por levarte inherente no corazón,
no maxín, no padal para louvarte,
silandeiramente magoadas lembrarte,
na máis vera sentida devoción,

Vivirás lar de Freán fenecendo,
como morrendo vai a vida cada día,

Imponderable na alma reverdecendo,
iraste connosco á ignota estadía,