Centro de Documentación da AELG
Poemas publicados na revista Eiva (Ferrol) (textos íntegros) - Sonetos a Monterroso (Lugo)
Arias Saavedra, Ana

ADICADO GARIMOSAMENTE A MEUS PAIS
8-3-06

Fervorosamente coma no seu día,
as túas lufadas nun corazón brúan,
nesa beldade das paraxes túas,
na cadora miña  e túa cada día,

En lucería, no cerne da alma súa,
mestura en efervescencia e harmonía,
amecen coa lembranza da estadía,
antiga estada , tan dela como túa,

Monterroso ,verdecente terra súa,
terriña por cariño e non berce,

Emerxes en louvanzas, pertenzas túas,
como súas , no corazón adormecen,

               I

Amada vila, que de min non sabes,
na crenza, allea eu son á vida túa,
sendo neta dunha vida ti moi núa,
nese amor que só o corazón sabe,

En dozura, cara ti calquera día,
irei a tanxe-la fecunda terra túa,
sentir na miña pel os halos da lúa,
resío no meu cós en alegría,

Día de sumo relouco el será ,
ruar no teu chan, amado de corazón,

Co meu achego Monterroso verás,
a dozura cara ti de fruición,