5-2002
¡Meu Deus! ¡unha miguiña!,
¡unha miguiña tan só!,
¡desa saúde que eu tiña!,
¡que se afastou de min sen dó!,
¡Para botar á carreira,
camiñando sen sentir présa,
non presa de quen o abeira,
meu corpo cunha vara o estea!,
¡Poder valgalo meu corpo,
sen medo có valgalo xire,
por mor de xirar a tombos,
na chaira que ben mo fire!,
¡Miro nos meus parentes,
albiscando nos alleos,
ficando sans todos eles!,
¡meu Deus! ¡ canto os envexo!,
¡Ai meu Deus!¡ ai meu Deus!,
¡quen tivera unha miguiña,
desa saúde no cós meu,
vizosa saúde miña!,
¡Porfío por me acostumar,
a vivir sen o seu abeiro,
crendo endexamais o acadar,
chora o meu ser silandeiro!,
¡Bagoadas sempre acaladas,
alugadas dentro da alma,
trocadas en verbas aledadas,
sendo palabras sen calma!,
¡Miña saúde de antano,
ía de cotío darrastro,
na crenza illado de dano,
meu cós que non daba abasto!,
¡Arestora ! ¡ai meu Deus!,
¡quen tivera unha miguiña!,
¡da súde miña que se perdeu,
converténdose toda en muíña!,
¡Meu Deus !¡ unha miguiña!,
¡unha miguiña tan só !,
¡da saúde quen tempos tiña,
e se afastou de min sen dó!,