Centro de Documentación da AELG
Poemas publicados na revista Eiva (Ferrol) (textos íntegros) - ¡Xa che dixen que non!
Arias Saavedra, Ana


¡Xa che dixen que non,
e cho volvo a dicir,
non che quero noivado,
nin contigo eu me rir!,

¡Vas sobrado en fachenda,
en donosura tamén,
e por seres lizgairo,
aleutado vas de ben!,

¡Non asexes meu paso,
a carón das silveiras,
nen larmeiro me fales,
estando eu nas feiras!,

             I

¡Xa che dixen que non ,
e cho volvo a dicir,
non che quero noivado,
nen contigo eu me rir!,

¡Non lle azoroñes ó meu pai,
nen a miña nai tampouco,
aínda que ti azoroñes ,
vaiche baler de pouco!,

¡Non me pidas ti baile,
a que todos nos vexan,
pensando o que non hai,
sentendo de ti envexa!,

             II

¡Xa che dixen que non,
e cho volvo a dicir,
non che quero noivado,
nen contigo eu me rir!,

¡Para ti me namorar,
terías que rexurdir,
ou volverte do envés,
coma se foses carpís!,

¡Vaille azoroñar a outra,
ca min perdida me tes,
e procura que sexa,
dese xeito que ti es!,