6-2003
Ansiosa vas na procura,
dunhas mans para estiñarte,
nesa anguriada feitura,
só con atrancos ti bates,
Caíche nun fondo foxo,
gatuñas para nel rubir,
agardándote enriba toxos,
sendo sebes ó teu fuxir,
Rubes, chegando á metade,
ó fondo voltas a caer,
tempo quedo na escuridade,
e volves rubíndo te ver,
Perto de acada-la saída,
pregas por amadora man,
que hale da túa vida,
pousándote en mol chan,
Acongoxada ti berras,
por unha man que te suxeite,
nesa dozura que arelas,
teu norte perdido oriente,
No canto de afastarche toxos,
vaiche amorenado máis,
para que segas no foxo,
onde solobreguedade hai,
Sénteste infausta e perdida,
ás atoutiñas rubindo,
sendo nítidamente oída,
teus salaios non son oídos,
Man recachada ¿ que agardas?,
¿un xermolo de bondade?,
¡rube, rube polas bardas,
inda que acumes te agarden!,
Non agardes por esa man,
por que non se achegará,
a que sexa a ti van,
pegadas que danarán,
¡Rube, polo foxo rube!,
ata ollar acumes espiños,
apreixate cal fosen nubes,
en moleza de cariño,
E non degoxes ti por máis,
que ninguén te vai a estiñar,
nen berres polo que non hai,
afastándote de te cravar,
Daquela agarrate forte,
inda sentendo cravarte,
así vera-lo teu norte,
á forza de ti inmolarte,