4-2002
Señora, Santa Señora,
Purísima Virxe María,
escoita as miñas ladaíñas,
cara ti moi fervorosas,
Acólleas nas Túas Mans,
apréixaas coa Túa dozura,
son ladaíñas moi insáns,
que se queren en donosura,
Raíña da terra e do ceo,
Ti Celestiai María,
ó meu corazón sen sereo,
faino vibrar de alegría,
Alegría moi arelada,
cobizándoa eu non a acado,
fique no meu ser aloxada,
no corazón fulgorando,
Doce estada lucidía,
para min tan alonxada,
fai que recunque María,
á miña figura danada,
Fai Purísima María,
Raíña Ti das raíñas,
feneza a melancolía,
con ela toda eiva mesquiña,
Troca Virxe queridiña,
troca Ti a miña estadía,
deixando eu de ser coitadiña,
recalando á lucería,