Centro de Documentación da AELG
Poemas publicados na revista Eiva (Ferrol) (textos íntegros) - Brado azul
Arias Saavedra, Ana

 

Na súa lentitude sen pausa,
van formando e conforman,
facendo delas súa causa,
artesanías có ceo adornan,
fenosías que pranto causan,

¿Será o ceo  que cansa?,
¿e as nubes o denotan?,
as aldraxes nas casas,
de maridos que derrochan,
na súa dona malleiradas?,

As nubes algodonosas,
reverberadas en dolores,
van formando impías formas,
tinguíndose en vermellas cores,
haladas de halos da aurora,

Co devalar do sol, fanse,
no seu quefacer configurando,
figuras que na terra xacen,
de seres moi namorados,
cá oseira non compracen,

As nubes sempre amadoras,
díscolas coa violenza,
no feitío das súas formas,
poñen cor sen aquiescencia,
de aureolas moi fermosas,

E da caída da tarde,
fulgores do sol que se morren,
súas belas cores invaden,
a nubes lentas que se moven,
en brado por seres que xacen,
a man de quen eles queren,