¡Quen puidese ser meniña,
coas bonecas a xogar,
sentindo naquela delicia,
endomingados ó camiñar!,
¡Nesa rota cara a igrexa,
da man do meu amado avó,
alugando en moi tenra apreixa,
vibrando o meu corazón !,
I
¡Quen puidese ser meniña,
nos doces brazos de miña nai,
achegada á súa cariña,
caloriña que por ela vai!,
¡Cantigas amin cantadas,
quen puidese volver oilas,
cantadas sempre aledadas,
vencelladas a caricias!,
II
¡Quen puider sentar nos xeonllos,
do meu pai presto háme aledar,
recuncando a aqueles xogos,
có lembralos fanme chorar!,
¡Por seren entenrecidos,
na sinxeleza xerados,
das súas mans tecidos,
dos seus beizos enfeitados!,
III
¡Quen puider ir á procura,
da miña avoa no seu leito,
escoita-las cantigas súas,
con donosura no feito!,
¡Nas cantigas me cantaba,
tan preto dela me achaba,
nese cantar que engandaba,
ó vento que nos axexaba!,
IV
¡Quen puidese ser meniña,
desa forma rexurdiran,
fenecida xente miña,
nova nacenza viviran!,
¡Quen puider volver ser inxel,
coma idos tempos da nenez!,
¡ai! quen puidese ! ¡ai poder !,
¡voltar a meniña outra vez!,