Centro de Documentación da AELG
Poemas publicados na revista Eiva (Ferrol) (textos íntegros) - Albedrío feito cachiños
Arias Saavedra, Ana


¡Vin ó mundo para vivir,
inutil foi o meu degoiro,
ó miña nai ela decidir,
meu corpo guindar ó solo!,

¡Meu corpo tan pequeniño,
tiña vizor e quería,
na estadía un buraquiño,
xa que con vida el bulia!

¡Para vivir meu destino,
tristuras e delicias,
destino tal vez mesquiño,
tal vez feito de ambrosía!,

¡Era a miña vida e quería,
vivi-la en plenitude,
o mesmo en lucería,
que moi faltosa de luces!,

¡Eu a miraba colixindo,
se adonaría en miña vida,
a miraba eu lle pedindo,
exercese en nai querida!,

¡Como dona da miña vida,
chimpoume contra ó solo,
fuxindo moi deseguida,
sen sentires de min dó!,

¡Unha hora eu só vivín,
fóra das súas entrañas,
a agonía en cós sufrín,
entre amoreadas caixas!,

¡Varredura, en varredura,
meu corpo el tan pequeniño,
sen coñecer a dozura,
de maternais biquiños!,

¡Era eu un ser arredado,
cal inmundicia se chimpa!,
¡era un inerme inmolado,
sen dós que no cerne inzan!,

¡Vín á vida con vida,
con vida tan só miña,
miña naiciña querida,
deu en que nada ela valía!,

¡Coma a súa  a miña vida,
era vida tan só miña,
miña nai moi decidida,
non ma deixou nen un día!,

¡Agora dende o ceo pido,
que naiciñas coma a miña,
faga dos seus brazos niño,
de olladas que doce acariñan!,

¡Desa maneira chegue o día,
que todo recén xurdido,
poida senti-la alegría,
de seres ben acollido!,

¡Nos brazos da súa nai,
sempre naiciña querida,
coa protección do seu pai,
para orientarlle a vida!,